A pesar de que os seus membros contan con ampla experiencia no ámbito legal e na administración de predios/comunidades, Avogar é un proxecto recente no que estamos envorcando a nosa ilusión e o noso futuro.
Empezando de cero, pero cunha motivación total, confiamos en converter ós nosos primeiros clientes en auténticos comerciais, cuxo único incentivo sexa o noso bon facer con eles como clientes. Sabemos perfectamente que a única vía para acadalo é a capacidade, o traballo duro e a implicación total cos nosos clientes, entre os que agardamos que se encontre vostede.