9tVeC3Lb6OyTipN1an0Zt9PgQoqaU1Ou2sGvoV2lJmI

Comunidades eficientes

Asumimos as funcións que nos atribúe a Lei de Propiedade Horizontal con vocación de levalas a cabo procurando a excelencia, pero a nosa actuación non queda ahí…

No actual  contexto de crise unha palabra recolle a aspiración coa que se debe xestionar calquera economía doméstica ou profesional: eficiencia. Hoxe en día é preciso levar a cabo un análise minucioso dos servizos prestados á comunidade.

A loita mediante o prezo está propiciando que se rebaixe a calidade nos servizos, o cal á larga multiplica o gasto, mentres que outros profesionais ofrecen prezos máis acorde á súa fama que ó seu desempeño actual. Por iso é preciso levar a cabo unha análise continua dos provedores e das persoas que realizan os distintos mantementos da comunidade, para que se maximice o aforro e os gastos ou costes “extra” se convirtan en auténticas inversións.

Entre outras medidas, o administrador ofrecerá na xunta ordinaria un resumo dos custos dos distintos servizos por proveedor, o cal se poñerá en comparación cos dos 4 anos anteriores (indicando no seu caso se antes se levaba a cabo por outro profesional) e así comprobar se as labores de mantemento son efectivas para conservar as instalacións do edificio.

 

Administración que procura a máxima eficiencia nas comunidades que xestiona