9tVeC3Lb6OyTipN1an0Zt9PgQoqaU1Ou2sGvoV2lJmI
Avogar: administrador de fincas, administración de comunidades y abogados en Lugo

Somos Avogar

SOBRE NÓS

Nesta innovadora firmaexercemos a profesión de avogados administración de predios, tanto no eido das comunidades de veciños como da xestión de inmobles en Lugo, cunha clara orientación ó cliente, facendo nosas as súas necesidades e buscando solucións eficientes, fiables e legais ós seus problemas.

O noso equipo, con anos de experiencia como avogados, en comunidades en Lugo, gabinetes contables, xestión de cobros… está decidido a converterse nun referente para @s lucenses e as súas comunidades de veciños.

CAPACIDADE
100%
TRABALLO
100%
CONFIANZA
100%

Participamos activamente en diversas redes sociais: ó fondo da páxina atopará os enlaces para acceder ós perfís de Avogar en Twitter, Facebook e Google+. Síganos e manterémolo ó corrente de cantas novas se produzcan no eido xurídico, de administración de inmobles e Lugo: temas relacionados con avogados, comunidades de veciños, mercado de inmobles, aspectos xerais de eficiencia e benestar para o seu fogar…

CAPACIDADE

Dous avogados colexiados, un deles “administrador de fincas” colexiado; cómodas instalacións en Lugo; modernos equipos e aplicacións, tanto no eido informático como da comunicación.

TRABALLO

Emprendemos un proxecto propio, cunha clara aposta profesional e persoal polo mellor servizo para @s nos@s clientes e as comunidades de veciños como única garantía de éxito.

CONFIANZA

Na dobre vertente do término: 1) Seguridade e tranquilidade co noso traballo, grazas á transparencia e claridade na información. 2) Avogar ofrece un trato absolutamente persoal e cercano.

O NOSO

EQUIPO

A parte da cualificación dos profesionais que forman parte do noso equipo, desexamos destacar a súa ilusión e implicación tanto con este proxecto, coma con todas as persoas e comunidades de veciños que pasen a formar parte del: estamos convencidos de que o noso maior valor como firma son  as persoas, tanto as que pertencen e pertencerán á mesma, coma todos/as aqueles/as que establezan relación con Avogar. Xa sexa como profesionais ou clientes, agardamos ter a ocasión de gañarnos a súa confianza, comezando por vostede que visita a nosa páxina.

Ata que dispoñamos da ocasión de coñecernos persoalmente, quedamos á sua disposición:

Administrador de comunidades en Lugo

  • Administrador membro do “Colegio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia”, do I.C. Avogados de Lugo e encargado da xestión de inmobles
  • Sinistros, incidentes e contratos das comunidades de veciños: administración, control, avisos, comunicados, solicitude de orzamentos…
  • Asesoramento e xestión fiscal, xurídica, sobre contratación e conflitos nas comunidades de veciños ou os predios (especial atención á morosidade).

  • Contabilidade diaria plasmada nas contas anuais, orzamento e liquidación: múltiples formatos a elección das comunidades de veciños
  • Xestión económica: pagos, cobros e cumprimiento de obrigas formais
  • Custodia de documentación dos predios e emisión de notificacións
  • Sala de reunións de 70 m2, con proxector e cadeiras. Destacamos:

Contacto

Contacto

Comunicación directa co administrador, por múltiples canles: de maneira persoal nas nosas oficinas, teléfono fixo, teléfono móbil con servizo de WhatsApp e SMS, correo electrónico, mediante a nosa páxina web ou por fax. O administrador porase en contacto co presidente, como mínimo, unha vez ó mes (salvo petición expresa en sentido contrario por parte do propio presidente).

Servizos comúns

Servizos comúns

Xestión, control e revisión dos servizos comunitarios, xunto co estudo da relación calidade-prezo ofrecida. En cada xunta ordinaria realizarase un balance anual de cada servizo (cos prezos e grao de satisfacción dos copropietarios involucrados) poñéndoo en comparación cos catro anos anteriores. No seu caso, solicitude e análise de orzamentos de reparación, mantemento e servizos habituais. Solicitaranse diversos orzamentos ás empresas que propoñan os veciños e, so ante a ausencia de ditas propostas solicitaranse ás empresas acordadas entre o administrador e o presidente. Cando se considere preciso pola importancia ou contía do tema, o provedor poderá acudir á xunta de propietarios e aproveitarse do proxector e o resto de material audiovisual da sala acondicionada nas oficinas de Avogar para reunións (con capacidade para máis de 80 persoas) a fin de resolver as dudas xeradas polos orzamentos e facer todas as aclaracións precisas ós copropietarios. Tamén será posible unha comunicación telefónica puntual cos provedores por medio dos altofalantes da sala.

Xestión total comunidades

Xestión total comunidades

Xestión de incidencias e sinistros por medio do programa (e aplicacións complementarias do mesmo) con maior prestixo, que se gardará constancia de: Recepción do aviso, valoración inicial, advertencia/apercibimento/solicitude urxentes en caso de seren precisos, comunicación co/a presidente/a, execución da solución acordada (deixando adicionalmente constancia por escrito de avisos importantes, xa sexa por medio de mensaxe, correo electrónico ou WhatsApp), e seguimento ata confirmación das partes interesadas da súa conformidade solución facilitada.

Falta de pago

Falta de pago

O actual contexto de crise ven provocado graves danos colaterais na economía das comunidades e os comuneiros, obrigando a afrontar con empatía e espíritu conciliador atrasos nos pagamentos naqueles casos en que se poida (ou incluso se deba) chegar a unha solución extraxudicial, pero sin obviar os casos en que a solidaridade debe deixar paso á firmeza e dilixencia na procura dunha pronta solución xudicial. Aqueles propietarios que teñan domiciliado o pago do recibo, recibirán aviso de cada devolución que se produza do mesmo por SMS, WhatsApp ou correo electrónico para que ambas partes teñan constancia do seu envío e recepción. Cada tres meses realizarase unha comunicación coas cantidades pendentes que, no seu caso, teña cada propietario, xa sexa de xeito telefónico, correo postal ou outros métodos previamente comentados, segundo as circunstancias concretas de cada caso. Aproximadamente un mes antes da Xunta Ordinaria realizarase unha comunicación adicional para evitar que, por problemas puntuais, figure o nome de propietarios que abonan regularmente as súas cuotas comunitarias. O departamento xurídico de Avogar, con experiencia en empresas especializadas en recobro de débedas, supervisará todo o proceso para asegurarse a tramitación eficiente do mesmo e unha correcta liquidación da débeda, co fin de poder reclamar xudicialmente e coas máximas garantías, naqueles casos en que os propietarios, debidamente reunidos, así o acorden.

ADMIN 24

ADMIN 24

Co fin de facilitar o acceso á información comunitaria a todos os propietarios, dispoñemos dun portal online ó que se accede a través desta páxina web cunhas claves persoais, e no que os nosos clientes poden descargar: recibos da súa propiedade, contas anuais, liquidacións, actas, contratos de servizos comunitarios, estado de incidencias, teléfonos de interese, tablón de anuncios, contacto coa administración, realización de diversos trámites administrativos...

PROMOCIÓN DE APERTURA: as primeiras comunidades disfrutarán de prezos moi por debaixo do nivel de servizos ofertados: consúltenos canto antes.

Avogados

Benveida/o a esta presentación do noso despacho de avogados en Lugo. Pretendemos facilitarlle a posibilidade de coñecernos concertando unha visita persoal na que escoitaremos os seus proxectos e problemas co fin de protexelos/solucionalos do xeito máis beneficioso para vostede. A capacidade, traballo e experiencia, así como a rapidez nas xestións, a flexibilidade nas formas de pagamento, a atención inmediata e personalizada con información permanente dos asuntos… todos eles son sinais de identidade do departamento xurídico desta firma, así como da sección de xestión de inmobles.

Agardamos ser depositarios da súa confianza. Para unha mellor decisión cando seleccione os avogados que o representarán, teña sempre en conta:

Valores como avogados

Avogar é fiel a uns valores de estricta ética e integridade profesional onde a honestidade, confidencialidade e transparencia non se traducen nun mero cumprimento do código deontolóxico da profesión, senón tamén nun compromiso de responsabilidade profesional e persoal para ofrecer un servicio eficiente e de calidade ós nosos clientes

Asesoramento

A nosa fisolofía de traballo parte dende a prevención, interpretando o asesoramento con profesionais do eido legal como mellor medida para eliminar os conflictos nos seus estadíos iniciais ou antes de que xurdan, permitindo unha rápida solución extraxudicial, facendo boa a máxima de que un bo acordo é mellor ca un bo xuízo, ou sentando as bases para a mellor defensa dos intereses dos nosos clientes ante os xuzgados e tribunais

Vía xudicial

En caso de ter que recurrir á vía xudicial, a nosa firma defenderá con compromiso e contundencia os intereses dos nosos clientes, con plena dedicación e  máxima dilixencia na procura da excelencia na tramitación do proceso emprendido. O contacto e información constante ó cliente ou a axilidade nos procedementos marcan o camiño cara o exercicio da nosa actividade coa máxima eficiencia

Cliente

Se a palabra cliente se repite en todos os párrafos non é casualidade, senón un indicativo de que os seus intereses son o eixe do noso traballo. A atención directa e personalizada é o mellor xeito de proporcionar soporte legal mediante unha relación estreita e persoal. Escoitar as necesidades concretas de cada cliente é o punto de partida para un asesoramento integral adecuado a cada tipoloxía de cliente: particular, empresa ou comunidade

Áreas de traballo

Avogar, por medio de Sandra Neira ofrece servizos en Dereito Civil, Mercantil, Administrativo, Fiscal, en Mediación, Arbitraxe… con unha visión integral e gran experiencia en diversas áreas, ofrecémoslle a primeira consulta gratuita e sen compromiso algún.

Diego Rodríguez, avogado e administrador de predios/comunidades de propietarios, centra a súa actuación en Dereito Inmobiliario e temas afíns: construción, compra-venda, arrendamentos, urbanismo… especialmente no relativo ás comunidades de propietarios, en temas como responsabilidade dos axentes intervintes na construción, problemas de convivencia, acordos da Xunta de Propietarios, reclamación de cantidades debidas mediante o proceso monitorio…

Facilidades de pago

Como profesionais en contacto coa realidade social e xurídica non podemos ser alleos ó momento de crise actual e das dificultades que impón a Lei 10/2012 “de tasas”, por iso ofrecemos facilidades de pago á medida das necesidades de cada un dos nosos clientes: consúltenos sen custo nin compromisoo

Xestión de inmobles en Lugo

O departamento de administración de predios da firma ofrece servizos de xestión e intermediación en inmobles de Lugo, cun asesoramento persoal e integral (respaldado polos avogados do departamento xurídico) para o aluguer de inmobles rústicos, residenciais, de comunidades de veciños, comerciais e industriais. Divulgamos a oferta de inmobles nesta páxina web, distintos portais de internet e campañas selectivas de publicidade para atopar potenciais clientes coa maior rapidez.

Con un alto nivel de seriedad y eficiencia, nuestro objetivo en gestión inmobiliaria y de fincas es ofrecer un punto de encuentro donde el arrendador/vendedor localice de manera cómoda, rápida y eficaz al inquilino/comprador adecuado, con una administración que ofrece máximas garantías de satisfacción y tranquilidad.

3 Últimos tweets

Blog: avogados, administrador de predios, administración de comunidades e Lugo

Contacto

Datos de contacto

 

Google+       Twitter       Facebook      














    Póñase en contacto connosco e, si así nolo indica, comunicaremonos con vostede sen custo nin compromiso.

    Horario: temporalmente para asegurar a desinfección así como o distanciamento entre clientes e preferiblemente con cita previa

    Mañás: luns a venres: 09:00 – 14:30. Tardes: luns, martes, mércores e xoves de 17:00 – 20:00. Venres á tarde con cita previa.

    Aviso Legal e Política de Privacidade

    Grazas pola súa visita

    Favicón Avogar