
Somos Avogar
Avogados - Administrador de predios en Lugo - Xestión de inmobles
SOBRE NÓS
Nesta innovadora firmaexercemos a profesión de avogados e administración de predios, tanto no eido das comunidades de veciños como da xestión de inmobles en Lugo, cunha clara orientación ó cliente, facendo nosas as súas necesidades e buscando solucións eficientes, fiables e legais ós seus problemas.
O noso equipo, con anos de experiencia como avogados, en comunidades en Lugo, gabinetes contables, xestión de cobros… está decidido a converterse nun referente para @s lucenses e as súas comunidades de veciños.
Participamos activamente en diversas redes sociais: ó fondo da páxina atopará os enlaces para acceder ós perfís de Avogar en Twitter, Facebook e Google+. Síganos e manterémolo ó corrente de cantas novas se produzcan no eido xurídico, de administración de inmobles e Lugo: temas relacionados con avogados, comunidades de veciños, mercado de inmobles, aspectos xerais de eficiencia e benestar para o seu fogar…
CAPACIDADE
Dous avogados colexiados, un deles “administrador de fincas” colexiado; cómodas instalacións en Lugo; modernos equipos e aplicacións, tanto no eido informático como da comunicación.
TRABALLO
Emprendemos un proxecto propio, cunha clara aposta profesional e persoal polo mellor servizo para @s nos@s clientes e as comunidades de veciños como única garantía de éxito.
CONFIANZA
Na dobre vertente do término: 1) Seguridade e tranquilidade co noso traballo, grazas á transparencia e claridade na información. 2) Avogar ofrece un trato absolutamente persoal e cercano.
O NOSO
EQUIPO
A parte da cualificación dos profesionais que forman parte do noso equipo, desexamos destacar a súa ilusión e implicación tanto con este proxecto, coma con todas as persoas e comunidades de veciños que pasen a formar parte del: estamos convencidos de que o noso maior valor como firma son as persoas, tanto as que pertencen e pertencerán á mesma, coma todos/as aqueles/as que establezan relación con Avogar. Xa sexa como profesionais ou clientes, agardamos ter a ocasión de gañarnos a súa confianza, comezando por vostede que visita a nosa páxina.
Ata que dispoñamos da ocasión de coñecernos persoalmente, quedamos á sua disposición:
Administrador de comunidades en Lugo
AVogados para vostede e o seu fOGAR
Contacto
Contacto
Comunicación directa co administrador, por múltiples canles: de maneira persoal nas nosas oficinas, teléfono fixo, teléfono móbil con servizo de WhatsApp e SMS, correo electrónico, mediante a nosa páxina web ou por fax. O administrador porase en contacto co presidente, como mínimo, unha vez ó mes (salvo petición expresa en sentido contrario por parte do propio presidente).
Servizos comúns
Servizos comúns
Xestión, control e revisión dos servizos comunitarios, xunto co estudo da relación calidade-prezo ofrecida. En cada xunta ordinaria realizarase un balance anual de cada servizo (cos prezos e grao de satisfacción dos copropietarios involucrados) poñéndoo en comparación cos catro anos anteriores. No seu caso, solicitude e análise de orzamentos de reparación, mantemento e servizos habituais. Solicitaranse diversos orzamentos ás empresas que propoñan os veciños e, so ante a ausencia de ditas propostas solicitaranse ás empresas acordadas entre o administrador e o presidente. Cando se considere preciso pola importancia ou contía do tema, o provedor poderá acudir á xunta de propietarios e aproveitarse do proxector e o resto de material audiovisual da sala acondicionada nas oficinas de Avogar para reunións (con capacidade para máis de 80 persoas) a fin de resolver as dudas xeradas polos orzamentos e facer todas as aclaracións precisas ós copropietarios. Tamén será posible unha comunicación telefónica puntual cos provedores por medio dos altofalantes da sala.
Xestión total comunidades
Xestión total comunidades
Xestión de incidencias e sinistros por medio do programa (e aplicacións complementarias do mesmo) con maior prestixo, que se gardará constancia de: Recepción do aviso, valoración inicial, advertencia/apercibimento/solicitude urxentes en caso de seren precisos, comunicación co/a presidente/a, execución da solución acordada (deixando adicionalmente constancia por escrito de avisos importantes, xa sexa por medio de mensaxe, correo electrónico ou WhatsApp), e seguimento ata confirmación das partes interesadas da súa conformidade solución facilitada.
Falta de pago
Falta de pago
O actual contexto de crise ven provocado graves danos colaterais na economía das comunidades e os comuneiros, obrigando a afrontar con empatía e espíritu conciliador atrasos nos pagamentos naqueles casos en que se poida (ou incluso se deba) chegar a unha solución extraxudicial, pero sin obviar os casos en que a solidaridade debe deixar paso á firmeza e dilixencia na procura dunha pronta solución xudicial. Aqueles propietarios que teñan domiciliado o pago do recibo, recibirán aviso de cada devolución que se produza do mesmo por SMS, WhatsApp ou correo electrónico para que ambas partes teñan constancia do seu envío e recepción. Cada tres meses realizarase unha comunicación coas cantidades pendentes que, no seu caso, teña cada propietario, xa sexa de xeito telefónico, correo postal ou outros métodos previamente comentados, segundo as circunstancias concretas de cada caso. Aproximadamente un mes antes da Xunta Ordinaria realizarase unha comunicación adicional para evitar que, por problemas puntuais, figure o nome de propietarios que abonan regularmente as súas cuotas comunitarias. O departamento xurídico de Avogar, con experiencia en empresas especializadas en recobro de débedas, supervisará todo o proceso para asegurarse a tramitación eficiente do mesmo e unha correcta liquidación da débeda, co fin de poder reclamar xudicialmente e coas máximas garantías, naqueles casos en que os propietarios, debidamente reunidos, así o acorden.
ADMIN 24
ADMIN 24
Co fin de facilitar o acceso á información comunitaria a todos os propietarios, dispoñemos dun portal online ó que se accede a través desta páxina web cunhas claves persoais, e no que os nosos clientes poden descargar: recibos da súa propiedade, contas anuais, liquidacións, actas, contratos de servizos comunitarios, estado de incidencias, teléfonos de interese, tablón de anuncios, contacto coa administración, realización de diversos trámites administrativos...
Xestión de inmobles en Lugo
Xestión de inmobles, alugueres, anuncios de vendas e promocións
O departamento de administración de predios da firma ofrece servizos de xestión e intermediación en inmobles de Lugo, cun asesoramento persoal e integral (respaldado polos avogados do departamento xurídico) para o aluguer de inmobles rústicos, residenciais, de comunidades de veciños, comerciais e industriais. Divulgamos a oferta de inmobles nesta páxina web, distintos portais de internet e campañas selectivas de publicidade para atopar potenciais clientes coa maior rapidez.
Con un alto nivel de seriedad y eficiencia, nuestro objetivo en gestión inmobiliaria y de fincas es ofrecer un punto de encuentro donde el arrendador/vendedor localice de manera cómoda, rápida y eficaz al inquilino/comprador adecuado, con una administración que ofrece máximas garantías de satisfacción y tranquilidad.
Blog: avogados, administrador de predios, administración de comunidades e Lugo
Xurídico, comunidades de veciños, Lugo, xestión de inmobles...
Horario: temporalmente para asegurar a desinfección así como o distanciamento entre clientes e preferiblemente con cita previa
Mañás: luns a venres: 09:00 – 14:30. Tardes: luns, martes, mércores e xoves de 17:00 – 20:00. Venres á tarde con cita previa.
Aviso Legal e Política de Privacidade
Grazas pola súa visita