Os meus recibos en liña
Avogar conta cunha plataforma na web dende a que pode acceder á información máis salientable de cada comunidade. Mediante claves persoais e un sinxelo proceso poderá acceder as contas, actas, contratos… e ós sus recibos, incluíndo as lecturas e períodos de facturación. Agardamos que a presentación adxunta facilite o máximo posible a súa familiarización coa aplicación.
Faga click no triángulo que se atopa na esquina inferior esquerda para comezar a reprodución:
(Manteña o cursor sobre a pantalla para ver a presentación en cor).
Por si tivese algún problema coa presentación e a modo de recordatorio:
- Acceda a www.avogar.com y faga click en ADMIN24 no menú superior. Se o tamaño do dispositivo (móbil ou tablet) non permite que o menú se vexa completamente, aparecerá un «botón» con liñas horizontais, se pulsa sobre este despregaranse verticalmente todas as opcións do menú, debe dirixirse ó fondo do mesmo para atopar ADMIN24.
- Si é a primeira vez que accede deberá rexistrarse con Google+ ou introducir unha dirección de correo electrónico válida á que se enviará un contrasinal temporal. Entón deberá modificala e introducir os seus datos xunto coa clave da súa propiedade (comuníquese connosco para conseguila).
- Dispón dun panel informativo e dous menús dende os que poderá acceder ás distintas funcionalidades que ofrece a aplicación, entre elas, os recibos:
- No apartado recibos enuméranse os da súa propiedade, podendo descargalos facendo click nos triángulos da dereita.
Escolla «ver» ou «descargar» o recibo que desexe e este mostrarase na pantalla ou en descarga para arquivar e visualizar en formato pdf:
Ante calquera dúbida ou problema que se lle presente, comuníquese con Avogar.
Grazas pola súa atención.
Leave a Comment
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.